Os contos do Camiño é unha serie de historias populares
e marabillosas que marcaron a evolución de distintas culturas, agora
reinterpretadas por autores contemporáneos e adaptadas ao público
infantil a través da creación de universos plásticos distintos e
innovadores. Esta produción retoma a tradición dos contadores de
historias para achegar aos nenos a maxia dos contos nun formato de
entretemento infantil de gran calidade. Consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e
está dirixida a un público de 3 a 7 anos aínda que, en realidade, as
historias que conta poden ser gozadas apor tódalas edades. Cada un
deles corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou
contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.
Contos franceses, turcos, casteláns, galegos, portugueses, gregos,
brasileiros, africanos... compoñen esta serie que responde á máxima de
que unha boa historia atrae a calquera neno en calquera parte do mundo. ( pincha na imaxe para velos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario