lunes, 20 de abril de 2015

OS CONTOS DO CAMIÑO


        Os contos do Camiño é unha serie de historias populares e marabillosas que marcaron a evolución de distintas culturas, agora reinterpretadas por autores contemporáneos e adaptadas ao público infantil a través da creación de universos plásticos distintos e innovadores. Esta produción retoma a tradición dos contadores de historias para achegar aos nenos a maxia dos contos nun formato de entretemento infantil de gran calidade.  Consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos aínda que, en realidade, as historias que conta poden ser gozadas apor tódalas edades. Cada un deles corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.
      Contos franceses, turcos, casteláns, galegos, portugueses, gregos, brasileiros, africanos... compoñen esta serie que responde á máxima de que unha boa historia atrae a calquera neno en calquera parte do mundo. ( pincha na imaxe para velos)

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

No hay comentarios:

Publicar un comentario