PEREGRINO QUE CAMIÑAS
CANSADO ATA SANTIAGO
COLLERÁS FORZAS
CO BOCATA REMATADO.
EMPEZAS NO CEBREIRO
PARAS EN TRIACASTELA
CANDO CHEGAS A SARRIA
QUEDA MENOS PARA COMPOSTELA.
VES TANTOS ALBERGUES
POLA RÚA MAIOR
CANDO ELIXES UN
XA CHEGA O SOLPOR.
É MOI CEDO, MOI CEDO
CANDO PASAS POR BARBADELO,
NON SE OE NINGÚN PAXARO
NIN O LADRIDO DUN CADELO.
XUNTO A ESCOLA DE FERREIROS
PARAS NUNHA CARBALLEIRA
COMES TODO O QUE LEVAS
E DESCANSAS DE CALQUER MANEIRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario