CÁNTO MIDE ?
Esta semana estamos traballando coas medidas de lonxitude, para o que usamos cintas métricas que os nenos e nenas trouxeron da casa. A primeira cousa que medimos foron os pés, recollemos os datos nunha cartulina onde se marcaban usando unha regra os centímetros que miden...foi moi divertido.
A seguinte tarefa que fixeron foi medir diferentes cousas da clase e anotar os datos nunha plantilla, o traballo fíxose por equipos, onde a colaboración para realizar un fin común era a prioridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario