SEMANA DA PRENSA DO 9 AO 13 DE MARZO
Esta semana ,os nenos e nenas de 5 anos, imos a usar os xornais como recurso para traballar as diferentes intelixencias: lingüística, lóxico- matemática, intrapersonal e interpersonal...como? pois dun xeito divertido...imos ver!
Pódese traballar a numeración cun sinxelo xogo: desordenando e logo ordenando as follas do xornal, así descubrimos a importancia de paxinar...
Outra actividade interesante é buscar e recortar imaxes que nos gusten, logo decimos e escribimos a noticia que pode estar relacionada...
Como se utilizaron folios brancos tiñamos que darlle un aspecto de xornal e para iso usamos o collage...
Encantame a estrutura do teu blog, e o carácter divulgativo co que o presentas. Mostra unha maneira concreta de enfocar a educación, aberta a innovación, a investigación, e con ganas de avanzar... Mf
ResponderEliminarMoitas grazas, seguro que compartimos moitas ideas...
EliminarXenial a idea do xornal, unha maneira innovadora de traballar, lecto-escritura, matemáticas, organización espacial e creatividade. Noraboa polo blog, é estupendo!
ResponderEliminar